Notas
-
A Real Academia Galega de Ciencias recoñece coas medallas de Investigación a cinco científicas e científicos galegos en activo das universidades de Santiago, A Coruña e Vigo. A entrega das medallas terá lugar no acto académico de celebración do Día da Ciencia en Galicia, o vindeiro mércores 4.
-
Aínda que a súa constitución como campus de Ourense da Universidade de Vigo produciuse en 1990, a súa orixe está no Colexio Universitario de Ourense, que en 1973 arrancou, adscrito á Universidade de Santiago de Compostela, a súa actividade docente impartindo catro titulacións e cunha comunidade universitaria formada por 204 estudantes, once docentes e tres administrativos. Ese antigo colexio universitario foi evolucionando ao longo dos anos ata conformar o que hoxe é este campus.
-
Un modelo de intelixencia artificial da cantante, presentadora e actriz Ana Kiro representará a Galicia co equipo PAMP! e a canción ‘Florespiña’ no AI Song Contest, a ‘Eurovisión’ mundial da intelixencia artificial, que se desenvolverá o sábado 4 de novembro na Coruña. O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) encargouse de realizar a xeración de voz, o que implica a recreacion da fala normal e cantada desta artista finada no ano 2010.
-
O encontro de emprendemento Pont-Up Store prepárase para regresar o 29 e 30 de setembro á cidade de Pontevedra cunha selección de emprendementos que, nunha alta porcentaxe, propoñen solucións “sostibles a diferentes retos e en sectores moi diversos”, segundo indican desde a súa organización.
-
Un equipo do CiQUS logrou mimetizar a composición da membrana de células tumorais e desenvolver un vehículo que se fusiona coa membrana da célula anfitrioa para liberar moléculas bioactivas no interior. 'Unha das grandes limitacións á hora de levar fármacos ou outras moléculas de interese ao interior da célula ten que ver co carácter foráneo que presenta a superficie dos transportadores empregados', explica o equipo investigador.
-
A través dunha serie de vídeos breves, unha streamer, interpretada por Carlota Mosquera, informa ao alumnado de secundaria sobre o fenómeno da desinformación e os seus efectos, amósalle que tipo de contidos se engloban nesta problemática e achégalles ferramentas que lles permitan verificar a información que reciben. Estas ideas articulan a serie de oito vídeos que o grupo Sepcom, da UVigo, prepara como parte dun recurso aberto de aprendizaxe dirixido a formar a mocidade “na loita contra a desinformación”.
-
Abordar, dun xeito inclusivo, a definición de posibles escenarios futuros e as oportunidades e problemáticas asociadas a estes. Esta idea, articulada en torno ao concepto de gobernanza anticipatoria aberta, e a súa aplicación na introdución de innovacións tecnolóxicas constitúe o eixe do proxecto de investigación Terga, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e coordinado pola Universidade do País Vasco (UPV/EHU).
-
Así se referiu esta mañá en Vigo Juan Díez, responsable do Sector Estratéxico de Saúde, Alimentación e Investigación do Instituto Nacional de Ciberseguridade de España, INCIBE, ao concepto de ciberseguridade, unha cuestión que, tal e como expuxo, cobra cada vez máis importancia, sobre todo se temos en conta que a sociedade actual vive 'nunha contorna xeopolítica complicada, na que o cibercrime é xa un dos grandes riscos globais'.
-
Máis de 150 persoas participarán nas VIII Jornadas Nacionales de Investigación en Ciberseguridad (JNIC) que se celebrarán en Vigo entre os días 21 e 23. O evento é a principal referencia en xeración de coñecemento e innovación de ciberseguridade a nivel estatal e terá lugar por primeira vez en Galicia, tras o seu paso por León, Granada, Madrid, San Sebastián, Cáceres e Bilbao.
-
O auditorio Mar de Vigo acolle dende o mércores e ata o venres a cita anual de EUNIS, a organización europea de sistemas de información universitarios. Esta edición, coordinada pola Universidade de Vigo, ten como lema Universidades europeas e transformación dixital. Retos e oportunidades e nela participan 210 asistentes de 24 países, principalmente de Europa.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »