Saltar ao conido principal
WebsGalicia.com logo

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

  • Directorio
  • Ranking Galicia
  • As máis votadas
  • Alta de nova web
  • Contacto
  • Destacar a miña web
  • Aumentar visibilidade en Internet
Inicio

A Revista Galega de Educación adica un monográfico ás novas tecnoloxías

A Revista Galega de Educación presentou en Compostela un exemplar especialmente dedicado a analizar o papel das novas tecnoloxías no ensino galego, realizado coa colaboración da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria. O monográfico, de máis de 80 páxinas, recolle máis de 15 experiencias e materiais innovadores que se teñen desenvolto en Galiza en relación coas TIC. A directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela, o director da Revista Galega de Educación, Xesús Rodríguez Rodríguez e o coordinador do monográfico, Xoán Carlos Albarellos Codesido, foron os encargados de presentar a publicación, a primeira destas características en Galiza. Este exemplar fai unha importante contribución ao estudio e información sobre as competencias educativas que se poden lograr coas novas ferramentas que hoxe existen, facendo un exhaustivo repaso a aspectos tan diferentes como as metodoloxías, ferramentas, estratexias, novos materiais didácticos, etc.

Os libros multimedia, o linux en galego e os portais de contidos educativos son algúns dos temas abordados polos autores que colaboran neste monográfico. Entre os numerosos artigos figura un informe sobre a formación tecnolóxica do profesorado de educación primaria e infantil, a cargo de Adriana Gewerc e Eulogio Pernas, da Universidade de Santiago ou unha interesante reflexión sobre o libro de texto do futuro realizada por Jordi Adell do Centro de Educación e Novas Tecnoloxías da Universidade Jaume I. Tamén hai un artigo sobre o software en galego, escrito por X.A. Vicente, da Escola O Piñeiro de Vilagarcía; así como unha completa entrevista a Manuel Area Moreira, catedrático e presidente da Rede Universitaria de Tecnoloxía Educativa (RUTE).

O enfoque do monográfico trata cunha especial preocupación os aspectos docentes e pedagóxicos do uso da tecnoloxía, ofrecendo claves que indican a importancia de descubrir as novas metodoloxías que impulsen aos docentes a innovar e que permitan incorporar as TIC aos procesos de aprendizaxe do alumnado. Tamén cómpre salientar que a revista incorpora un CD, con diferentes ferramentas TIC para a creación de materiais, incluíndo unha distribución de Linux en galego especificamente para a escola.

A Revista Galega de Educación e a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, dependente da Consellaría de Innovación e Industria, consideran imprescindible achegarse a un dos aspectos clave da incorporación das TIC no ámbito educativo: a creación de propostas didácticas e a dotación de ferramentas TIC por parte do profesorado para elaborar os propios recursos. As institución escolares están a incorporar cada vez máis as diferentes tecnoloxías ca fin de mellorar os procesos de ensino e aprendizaxe. As tecnoloxías da información e da comunicación están a configurar novos modos de interactuar co alumnado.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia

Compartir

Facebook Twitter Tuenti Meneame

Notas

  • Galiciademoda recoñece o labor da Consellería de Economía e Industria pola promoción do sector artesán galego
  • Agestic, en la presentación del Informe Contenidos Digitales - AMETIC
  • O proxecto NACCE forma a 350 emprendedores e empresas da Eurorrexión no sector das TIC
  • Presentada la jornada del proyecto NACCE sobre deficiencias del sector TIC
máis

Novas

  • El DOG publica hoy el decreto de creación de la Axencia para a Modernización Tecnolóxica
  • Una nueva web del ILGA y la Fundación Camilo José Cela recopila unos 4.000 apodos, gentilicios, refranes y canciones de la cultura popular gallega
  • La Xunta regula la presencia de la Administración en la Red
  • La serie Angélica y Roberta contará en Internet el día a día de dos treinteañeras en el rural gallego
máis

Buscador de páxinas web

You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.

Webs Galegas

Últimas Webs Galegas

INTERDIX GALICIA, S.L.
TEXTO LEGAL DE PROTECCIÓN DE DATOS
NORMAS GENERALES - CONDICIONES DE USO
InternetGalicia.net - Galicia Digital - Páxinas Amigas - Adm