Saltar ao conido principal
WebsGalicia.com logo

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

  • Directorio
  • Ranking Galicia
  • As máis votadas
  • Alta de nova web
  • Contacto
  • Destacar a miña web
  • Aumentar visibilidade en Internet
Inicio

A Xunta presenta ao sector o Plan de Acción para o fomento da SI e as TICs

O Goberno galego presentoulle ás principais asociacións do sector das tecnoloxías e da comunicación en Galicia as liñas de actuación do Plan de acción para o desenvolvemento da Sociedade da Información no ano 2010, así como a liña de axudas para mellorar o grao de adopción e uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TICs) nas empresas galegas, axudas dotadas neste exercicio con 10 millóns de euros.

No encontro, que tivo como principal obxectivo dar a coñecer as liñas de actuación da Xunta así como recoller as diferentes suxestións e achegas das asociacións representativas deste sector en Galicia (INEO, AGESTIC, EGANET, AETIC E ASIMELEC), a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, explicou que a Xunta identificou eixes de actuación prioritarios, a modo de proxectos “tractores” que constituirán este Plan de acción: o despregamento das infraestruturas de telecomunicación, o desenvolvemento do e-Goberno, o fomento da inclusión dos colectivos máis afastados da sociedade dixital, a introdución das TIC nas pemes e micropemes e o impulso ao desenvolvemento do sector TIC galego. Segundo resaltou Mar Pereira, algunhas destas liñas terán carácter plurianual e excederán o marco temporal vixente, integrándose co Plan Estratéxico Tecnolóxico Global que, avanzou, “estará rematado en xuño deste ano e conformará a nova estratexia TIC e da Sociedade de Información de Galicia”.

As telecomunicacións

Respecto á primeira liña de actuación, a Xunta considera que as infraestruturas e os servizos de telecomunicación son un recurso imprescindible para o desenvolvemento de calquera rexión. Por iso, e para facer fronte ao actual panorama -que sitúa Galicia nos últimos postos no que a porcentaxe de fogares con acceso á banda larga se refire e que constata que se seguen agrandando as diferenzas entre o contorno rural e o urbano en materia de acceso á Sociedade da Información-, o Goberno galego porá en marcha o Plan director de banda larga co fin de garantir unha cobertura de calidade a toda Galicia e, a través da Secretaría Xeral de Medios, un conxunto de medidas de Apoio ao plan de acendido dixital que permita o cumprimento dos prazos das fases do Plan técnico nacional da televisión dixital terrestre.

Mar Pereira destacou, na súa intervención que a posta en marcha do Plan director da banda larga garantirá a estratexia global de despregamento desta infraestrutura na comunidade, facendo especial fincapé no rural. Trátase, segundo avanzou a secretaria xeral, dun plan que estará rematado a finais deste mesmo mes de xaneiro e que iniciará, de xeito inmediato, a súa execución para solucionar a actual situación que reflicte que 745.000 galegos viven en núcleos de poboación sen acceso á banda larga e 248.000 en núcleos que contan cunha cobertura parcial.

e-Administración e dinamización no uso das TIC entre cidadáns e empresas
Respecto ao desenvolvemento da e-Administración, Mar Pereira destacou que a iniciativa e-Goberno 2013, na que xa se está a traballar en colaboración coas Deputacións Provinciais e a Fegamp, facilitará o desenvolvemento da administración electrónica en Galicia nos ámbitos da propia Xunta, das administracións locais, a través do Plan e-concellos e das empresas, mediante a fomento dos medios electrónicos nas relacións dos provedores coa administración pública. Ademais, a modernización dos servizos públicos fará especial fincapé neste ano 2010 no eido da administración de xustiza e na integración das TIC de xeito definitivo na práctica educativa, a través da configuración e posta en marcha dos centros educativos dixitais.

Así mesmo, e como instrumento esencial para a integración no novo contexto dixital da sociedade galega, destaca a actuación orientada á creación da Nova Rede Galega de Centros de Servizos á Sociedade da Información, integrando as diferentes aulas espalladas pola comunidade baixo unha estratexia clara e definida, que permita achegar as actividades de formación e difusión no uso das novas tecnoloxía á meirande parte da poboación. Deste xeito, a nova Rede integrará tanto os centros multimedia de Galicia, como os centros dinamizadores da sociedade da información, así como actividades de formación especializada ao sector empresarial impartida polo Centro de Novas Tecnoloxías da Galicia. “Achegaremos a nova Rede a 94 concellos no 2010, estendéndose progresivamente o proxecto a todos os concellos de Galicia”, aseverou a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

Polo que respecta á penetración destas tecnoloxías no sector empresarial, a Xunta potenciará as liñas de actuación orientadas a estimular e favorecer a integración das TIC nos diferentes sectores produtivos, destacando neste ámbito a posta en marcha dun Centro demostrador de software para Pemes, como lugar de encontro entre a oferta do sector TIC e a demanda dos empresarios.

De igual xeito, o Executivo autonómico desenvolverá unha política global que abranga todos os eidos de apoio ao sector empresarial da Sociedade da Información, desde a estruturación e innovación até o financiamento ou respaldo á comercialización no exterior. Nesta liña, Mar Pereira considerou que a posibilidade de que Galicia se converta en sede da Axencia Estatal de Radiocomunicacións supón “unha oportunidade única xeradora de desenvolvemento, de emprego altamente cualificado e de innovación”.

Novo Observatorio da sociedade da información e modernización de Galicia
Durante a xuntanza, a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica tamén se referiu á creación do Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (OSIMGA), como instrumento de seguimento das actuacións e de “escoita activa” para orientar o desenvolvemento neste ámbito. Trátase dun organismo que fusionará orgánica e funcionalmente aos dous observatorios actuais o Observatorio da calidade e da e-Administración de Galicia (OCEG) e o Observatorio Galego da Sociedade da Información (OGSI), dado o seu grao de complementariedade, concentrando nun só instrumento “unha visión máis ampla e precisa de todos os aspectos relacionados coa Sociedade da Información e optimizando o investimento público dedicado a estas funcións”.

10 millóns de euros en concepto de axudas

No marco das accións orientadas a impulsar o desenvolvemento deste sector empresarial en Galicia, Mar Pereira tamén anunciou a posta en marcha, por parte da Xunta, dun plan de axudas, cunha dotación de 10 millóns de euros neste exercicio. Esta convocatoria estará estruturada en catro liñas de actuación: axudas ao desenvolvemento da empresa dixital, impulsando a adopción de solucións de dixitalización asociadas á cadea de valor de diferentes sectores empresariais; axudas á produción de contidos dixitais innovadores de calidade, facendo especial fincapé naqueles relacionados co patrimonio artístico e cultural de Galicia, así como os relacionados co desenvolvemento da práctica educativa; axudas á promoción de actividades de difusión e formación orientadas á inclusión da cidadanía no novo espazo dixital; e axudas de impulso de medidas para o estímulo daquelas empresas que desenvolven a súa actividade económica no eido das TIC, co obxecto de fomentar a innovación e a iniciativa emprendedora.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Compartir

Facebook Twitter Tuenti Meneame

Notas

  • Galiciademoda recoñece o labor da Consellería de Economía e Industria pola promoción do sector artesán galego
  • Agestic, en la presentación del Informe Contenidos Digitales - AMETIC
  • O proxecto NACCE forma a 350 emprendedores e empresas da Eurorrexión no sector das TIC
  • Presentada la jornada del proyecto NACCE sobre deficiencias del sector TIC
máis

Novas

  • El DOG publica hoy el decreto de creación de la Axencia para a Modernización Tecnolóxica
  • Una nueva web del ILGA y la Fundación Camilo José Cela recopila unos 4.000 apodos, gentilicios, refranes y canciones de la cultura popular gallega
  • La Xunta regula la presencia de la Administración en la Red
  • La serie Angélica y Roberta contará en Internet el día a día de dos treinteañeras en el rural gallego
máis

Buscador de páxinas web

You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.

Webs Galegas

Últimas Webs Galegas

INTERDIX GALICIA, S.L.
TEXTO LEGAL DE PROTECCIÓN DE DATOS
NORMAS GENERALES - CONDICIONES DE USO
InternetGalicia.net - Galicia Digital - Páxinas Amigas - Adm