Saltar ao conido principal
WebsGalicia.com logo

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

  • Directorio
  • Ranking Galicia
  • As máis votadas
  • Alta de nova web
  • Contacto
  • Destacar a miña web
  • Aumentar visibilidade en Internet
Inicio

Un centenar de empresas constituyen el Cluster TIC enmarcado en el Plan Estratégico Gallego de la Sociedad de la Información

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta:

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asistiu en Santiago á asemblea constituínte do Clúster TIC, que nace con 117 socios fundadores e que se converte así no sétimo clúster galego, despois dos da automoción, a madeira, o naval, o audiovisual, o de acuicultura e o do produto gráfico.

Nun acto no que tamén participou a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela, Fernando Blanco agradeceu ás asociacións Eganet, INEO e AETIC-Galicia e aos Colexios Profesionais de Enxeñeiros de Telecomunicacións e de Informática o seu traballo conxunto coa Consellaría para culminar este proceso e lembrou que a constitución do clúster era unha das liñas de actuación preferentes do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI 2007-2010), desenvolvido por Innovación e Industria a través da súa Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

O conselleiro nacionalista salientou o peso cada vez máis considerable na economía galega das actividades relacionadas coas tecnoloxías da información e a comunicación que, ao seu xuízo hai que reforzar, e recordou que o sector xera xa o 2,15% do valor engadido bruto total cun nivel de emprego que medrou un 28,5% no último ano ao pasar dos 11.900 traballadores en 2006 aos 15.300 de finais de 2007. Neste sentido, Blanco apuntou que o PEGSI está a xerar precisamente unha dinámica propicia para as TIC en Galiza, co obxectivo de converter o país non unicamente en consumidores de bens e servizos, senón tamén en produtores dos mesmos.

O titular de Innovación e Industria afirmou que o clúster contribuirá a potenciar a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no sector empresarial da Sociedade da Información e lembrou que para articular o sistema de I+D+i nas TIC, o seu departamento xa puxo en marcha o Centro Tecnolóxico Gradiant e a Plataforma Tecnolóxica Vindeira, dous instrumentos que –cunha achega por parte da Consellaría de 950.000 euros– xa están funcionando como nexo de unión entre os axentes representativos nas TIC galegas, co obxectivo de desenvolver o potencial investigador, xerar coñecemento e formar capital humano cualificado no sector. Nesta liña cómpre salientar tamén a orde de axudas do departamento autonómico aos investimentos empresariais en TIC, unha orde dotada con 5 millóns de euros (un 67% máis que no ano anterior).

Por último, Fernando Blanco avanzou que a súa consellaría achegará este ano 2 millóns de euros aos clusters galegos, unha achega que evidencia a relevancia que Innovación e Industria outorga a este tipo de asociacións de empresas por seren un perfecto exemplo de como xerar vantaxes competitivas a partir da colaboración entre os distintos axentes.
R.

Compartir

Facebook Twitter Tuenti Meneame

Notas

  • Galiciademoda recoñece o labor da Consellería de Economía e Industria pola promoción do sector artesán galego
  • Agestic, en la presentación del Informe Contenidos Digitales - AMETIC
  • O proxecto NACCE forma a 350 emprendedores e empresas da Eurorrexión no sector das TIC
  • Presentada la jornada del proyecto NACCE sobre deficiencias del sector TIC
máis

Novas

  • El DOG publica hoy el decreto de creación de la Axencia para a Modernización Tecnolóxica
  • Una nueva web del ILGA y la Fundación Camilo José Cela recopila unos 4.000 apodos, gentilicios, refranes y canciones de la cultura popular gallega
  • La Xunta regula la presencia de la Administración en la Red
  • La serie Angélica y Roberta contará en Internet el día a día de dos treinteañeras en el rural gallego
máis

Buscador de páxinas web

You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.

Webs Galegas

Últimas Webs Galegas

INTERDIX GALICIA, S.L.
TEXTO LEGAL DE PROTECCIÓN DE DATOS
NORMAS GENERALES - CONDICIONES DE USO
InternetGalicia.net - Galicia Digital - Páxinas Amigas - Adm