Saltar ao conido principal
WebsGalicia.com logo

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

  • Directorio
  • Ranking Galicia
  • As máis votadas
  • Alta de nova web
  • Contacto
  • Destacar a miña web
  • Aumentar visibilidade en Internet
Inicio

Microsoft presenta un interfaz con la versión en gallego de Windows Vista

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

“Un dos principais obxectivos da política lingüística do Goberno galego é conseguir que todos os cidadáns poidan ter a posibilidade de vivir en galego e que ningún cidadán vexa minguado o exercicio dos seus dereitos lingüísticos”. Son as palabras do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, durante a inauguración, en Santiago, da xornada Novas ferramentas TIC en galego: mellora da produtividade, acto no que tamén participou a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López.

Para a consecución deste obxectivo o xefe do Executivo autonómico considerou fundamental realizar un esforzo en todo o que se refire á incorporación da lingua galega aos novos contornos tecnolóxicos e, en particular, aos instrumentos informáticos que, sinalou, “hoxe forman xa parte inescusable da vida cotiá da inmensa maioría da cidadanía”. Por iso puxo de relevo a acción normalizadora que está a realizar neste eido a Secretaría Xeral de Política Lingüística e valorou a asunción, por parte dun número crecente de empresas, “da convición de que o galego vende ben e de que as grandes empresas transnacionais deben incorporar aos seus criterios de comunicación unha relación respectuosa e amable coas linguas existentes nos mercados locais”.

Na súa intervención, Emilio Pérez Touriño lembrou que o obxectivo do Goberno que preside é lograr que o galego sexa “unha lingua forte, vigorosa e con futuro”, de aí que considerou necesario e esencial levar a cabo accións de afirmación e promoción do galego en todos os ámbitos da vida pública e da actividade social.

“A política de recuperación lingüística que estamos a levar a cabo en Galicia é unha política baseada en accións de afirmación e promoción do idioma galego que, a medio prazo, deben conducir á equiparación de oportunidades e presenza social entre a lingua galega e a lingua castelá”, aseverou o presidente da Xunta lembrando que isto se debe facer “sen imposicións de ningún tipo e co máximo respecto ás opcións lingüísticas dos cidadáns, pero desde a conciencia e a convición de que ninguén fará polos galegos o que aos galegos nos corresponde facer”, insistiu.

Consenso social sobre a necesidade de recuperar o galego
Na mesma liña, Emilio Pérez Touriño subliñou que o Goberno que preside “non quere un país monolingüe”, senón todo o contrario: “un país de cidadáns capacitados para desenvolverse en varios idiomas, nomeadamente o inglés, a partir –engadiu-, do coñecemento competente do galego e do castelán, que son as dúas linguas oficiais de Galicia e dous dos idiomas que a Constitución recoñece como linguas españolas e patrimonio de todos”.

“En Galicia non hai conflito lingüístico” e “tampouco o vai haber no futuro”, aseverou Touriño, lembrando, ao mesmo tempo, a necesidade de que o galego sexa apoiado en maior medida que o castelán debido aos anos “de abandono e marxinación” que sufriu e que propiciaron que fose “unha lingua moi vulnerable”, que só iniciou o seu proceso de recuperación legal e de institucionalización coa restauración da democracia e do autogoberno.

“É certo que o galego necesita de apoios que non precisa o castelán”, incidiu o presidente da Xunta ao respecto, sinalando que pode haber diferenzas de matiz e mesmo discrepancias sobre a intensidade, o enfoque e o acerto das medidas de recuperación lingüística, pero asegurando que non ten dúbidas “do amplo consenso social sobre a necesidade de que haxa unha política lingüística que favoreza a recuperación do galego”. Neste sentido lembrou que ese amplo consenso social tivo sempre, durante todo o período democrático, “un reflexo político” que “só se viu enturbado nos últimos meses por actitudes oportunistas que, finalmente non lle reportaron aos seus responsables ningún rédito electoral”, sinalou. “Eu agardo que as urnas movan á reflexión aos que decidiron romper, sen ningún argumento de peso, o consenso político sobre o galego”, engadiu o presidente ao respecto.

Emilio Pérez Touriño non quixo concluír a súa intervención sen transmitirlle o seu agradecemento a todas as empresas e entidades involucradas na organización da xornada Novas ferramentas TIC en galego: mellora da produtividade e a todas aquelas que, día a día, “achegan un bit máis na normalización da lingua galega e no crucial ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación”.

As novas tecnoloxías: “unha locomotora para as linguas”
Pola súa banda, a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, manifestou que “as novas tecnoloxías son unha locomotora para a lingua nos diferentes sectores”, que permitirán avanzar na normalización do galego.

Marisol López considerou que “o futuro das linguas ten nas novas tecnoloxías un novo factor para medir a súa viabilidade e a súa saúde”, contribuíndo ademais a abrir “novas oportunidades para achegármonos a un mundo global desde a nosa singularidade e desde a nosa creatividade”.
R.

Compartir

Facebook Twitter Tuenti Meneame

Notas

  • Galiciademoda recoñece o labor da Consellería de Economía e Industria pola promoción do sector artesán galego
  • Agestic, en la presentación del Informe Contenidos Digitales - AMETIC
  • O proxecto NACCE forma a 350 emprendedores e empresas da Eurorrexión no sector das TIC
  • Presentada la jornada del proyecto NACCE sobre deficiencias del sector TIC
máis

Novas

  • El DOG publica hoy el decreto de creación de la Axencia para a Modernización Tecnolóxica
  • Una nueva web del ILGA y la Fundación Camilo José Cela recopila unos 4.000 apodos, gentilicios, refranes y canciones de la cultura popular gallega
  • La Xunta regula la presencia de la Administración en la Red
  • La serie Angélica y Roberta contará en Internet el día a día de dos treinteañeras en el rural gallego
máis

Buscador de páxinas web

You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.

Webs Galegas

Últimas Webs Galegas

INTERDIX GALICIA, S.L.
TEXTO LEGAL DE PROTECCIÓN DE DATOS
NORMAS GENERALES - CONDICIONES DE USO
InternetGalicia.net - Galicia Digital - Páxinas Amigas - Adm