Webs de Sarria

Aces

Páxina da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria, entidade constituida en 1996 para representar ás empresas sarriás ante diversas organizacións das que forma parte.

Albergue Oasis

Inaugurado en 2013 e construído a partir dunha casa de pedra de máis de 100 anos, o albergue é unha combinación da construción galega máis tradicional, con tódolos avances e comodidades da arquitectura moderna.

Asesoría Confisa

Asesoría xurídica, fiscal, laboral e contable para empresas e particulares, fundada en 1.980 en Sarria (Lugo).

Asociación cultural Meigas e Trasgos C.I.T. de Sarria

Asociación que realiza actividades de fomento da cultura en tódalas súas manifestacións, tales como a organización de concertos de música, certames literarios e artísticos en xeral, o ensino de música e danza, exposicións, protección do patrimonio histórico-artístico...

Carmen Rodríguez Arte y Antigüedades

Catálogo versátil de antigüidades con pezas para todos os gustos, panorámicas interactivas e galería fotográfica. Tasacións.

Casa Daniel

Casa en Sarria(Lugo), no Camiño de Santiago, que dispón de 5 habitacións dobres, todas con baño propio. Tres están na pranta baixa (unha especialmente habilitada para persoas dependentes) e dúas na pranta superior.

Concello de Sarria

Páxina web oficial do Concello de Sarria (Lugo).

Corbar Maquinaria Forestal

Empresa con 15 anos de experiencia no deseño, fabricación e venda de maquinaria agrícola, forestal e de forraxe.

Corpóreas

Tenda online de rotulación (letras corpóreas, letras macizas, logotipos, caixas de luz, lonas e pancartas) dirixida ós profesionais do sector.

Cristo Galicia

Empresa distribuidora de bebidas e alimentación.

Eurohard Informática

Empresa de servizos informáticos integrais que ofrece revisións periódicas, soporte técnico urxente, optimizacións do sistema, desinfección de virus, instalación de dispositivos, configuraciones do sistema, etc.

Fiz de Vilapedre

Desfrutar plenamente da paisaxe, monumentos e riquezas históricas da bisbarra de Sarria é un privilexio para os clientes deste hotel ubicado na comarcal C-546 a 20 minutos de Lugo capital e a tan só 3 minutos de Sarria.

Fontecelta

Nun lugar no que se unen natureza e historia, onde o frescor da chuvia se mestura coa riqueza da terra, nace o manantial de Fontecelta.

Goyanes Somoza

Web de Goyanes Somoza, temos todo tipo de accesorios do mundo do moble.

Gráficas Nogueira

Empresa especializada en fabricar caixas e estuches de cartón, totalmente personalizables en impresión e formato. Múltiples sistemas de cerre dos envases. Dispoñen de toda a maquinaria necesaria para cerrar o ciclo de produción.

Guía de Sarria

Guía da comarca de Sarria. Proxecto futurista que pretende favorecer a comunicación entre membros da comarca e o mundo.

Hotel Alfonso IX

O lugar ideal para o descanso do Peregrino no mesmo corazón da provincia de Lugo. Hotel de catro estrelas, con instalacións modernas e funcionais, situado nun edificio de nova construción.

Imterga

Fabricación e transformación de Corian e Montelli. Desde sempre traballando con arquitectos e empresas facendo posibles os seus desenvolvementos en Corian.

Informática Sarria

Servizos informáticos a empresas. Provedor de servizos de Internet e telefonía de R, informatización de empresas, deseño Web, etc.

Keeper Galicia

Instalacións de seguridade (alarmas contra intrusión, circuito pechado de televisión, sistemas antifurto), de control de accesos e de protección contra incendios. Integración de sistemas e domótica.